Un cemiterio municipal máis amplo

O pleno de Fene lembrou á moza asasinada, Laura Luelmo
19 de Decembro, 2018 - 10:18 h. | Publicada por Radio Fene

O cemiterio municipal de Fene será ampliado con 126 novos nichos, a reurbanización dunha zona do recinto, forno crematorio e columbarios. As obras lévanse boa parte do POS+ 2019.

ESCOITA O PODCAST:

A ampliación do cemiterio municipal de Fene se levará boa parte do presuposto coa construcción de 126 novos nichos e outros servicios como un osario, columbarios e un forno crematorio para uso do recinto. En total 484.000 € dun total de 680.000 que supón a contribución da Deputación provincial da Coruña. Toda a oposición abstívose á hora de votar as obras que se farán en Fene con cargo ao POS+ 2019 da Deputación provincial da Coruña.

A sesión convocouse a primeira hora da mañá e será a última antes do Nadal. No plan complementario inclúense o saneamento das Picas (100 metros de alcaltarillado) e a urbanización diante dos bloques 3 e 4 de San Valentín. Estas obras máis o aglomerado no camiño das Chousas suman un investimento de 232.000€ que se completan cunha achega municipal de algo máis de 8.000€. Resérvanse 273.000 euros para gasto corrente.

Co plan complementario provincial, Fene afrontará tres obras cun orzamento  conxunto de 365.783,13 euros: a dotación de servizos e reforzo do firme no camiño de A Lombra, en Barallobre (104.833,13 euros); a dotación de servizos e reforzo do firme nos camiños de Os Regueiros e Visura, en Sillobre (148.550,89 euros), e a  pavimentación do vial de Fene a Magalofes por Lubián (112.399,11 euros). Por último, unha parte dos fondos provinciais destinaranse a sufragar gasto corrente, 273.150,90 euros.

Finalmente as obras do POS+ prosperaron cos votos favorables de PP e Somos Fene e a abstención dos tres grupos da oposición. O BNG aclarou que, áinda estando dacordo coa necesidade das obras aprobadas, estas non coinciden esactamente coas que se tiñan definido nunha xuntanza anterior de todos os grupos. O mesmo argumento utilizaron o PSOE e EU. A abstención, explicaron, é unha maneria de deixar que prosperen pero tamén de protestar pola premura do pleno. Ao comenzo da sesión, o portavoz do grupo socialista, Antón Noceda, pediu un recordo e apoio á familia de Laura Luelmo, a moza asasinada en Huelva.

Institucional

Publica o teu comentario agora