Un cento das mellores promesas de tiro con arco en Ferrol

Un cento das mellores promesas de tiro con arco en Ferrol

04 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Un total de 99 das mellores promesas nacionais de tiro con arco disputan esta fin de semana en Ferrol o Campionato de España para cadetes e menores de 14 anos, no que supón o primeiro gran acontecemento deportivo do ano na urbe naval. Así o anunciaba esta mañá o concelleiro de Deportes, Manuel Santiago, quen presentou o evento en rolda de prensa acompañado polo presidente da Federación Galega de Tiro con Arco, Jorge Mato; o secretario da mesma, Ignaci

 Deste xeito, o edil destacou que moitos dos rapaces e rapazas que participarán neste evento, que terá lugar nas instalacións de FIMO e con entrada gratuíta, serán os que representen ao equipo español nos vindeiros Xogos Olímpicos, que se celebrarán en Londres dentro de tres anos. E por este motivo, animou aos ferroláns e ferrolás a asistir a unha cita de grande atractivo para os afeccionados a esta disciplina deportiva, e na que ademais se poderá desfrutar coa presenza dunha decena de equipos galegos.

Xa polo miúdo, Ignacio Cascón explicou que as competicións empezarán o sábado 7 ás catro da tarde coa fase de clasificacións, mentres que o domingo se celebrarán as eliminatorias individuais, neste caso a partir das nove da mañá. Os gañadores en cada unha das modalidades serán aqueles arqueiros que acaden as tres mellores puntuacións de cada proba, e os premios consistirán en trofeos e medallas de ouro, prata e bronce, respectivamente. E con respecto ao reglamento, Ignacio Cascón informou de que se aplicará rigorosamente o da Federación Española vixente na actualidade.

Pola súa parte, Manuel Campoy indicou que se trata da terceira competición a nivel nacional que se leva a cabo en Ferrol, unha cidade que “esperta sempre unha gran curiosidade”, e que a pesar da distancia xeográfica, atrae nesta ocasión a participantes procedentes dende todos os puntos de España, entre eles os equipos de Canarias, Ibiza e Andalucía. Así mesmo, fixo un chamamento á cidadanía ferrolá para que acuda a unha auténtica exhibición de tiro con arco, onde o nivel dos rapaces e rapazas é “impresionante” a pesar da súa temperá idade. Unha cita, ademais, chea de colorido e vistosidade, na o “gran ambiente” está garantido.

Por parte da presidencia da Federación Galega, Jorge Mato agradeceu a labor do Concello de Ferrol, que a través do Padroado Municipal de Deportes colabora na organización do evento prestando o uso das súas infraestruturas, algo fundamental en toda competición deportiva e máis aínda no tiro co arco. Así mesmo, salientou que un campionato desta categoría implica un amplo esforzo para poder contar con arqueiros que son a grande esperanza nacional para os vindeiros catro ou cinco anos. Finalmente, Jorge Mato lembrou que o evento constitúe o noveno Campionato de España que se disputa en Galicia e o terceiro en Ferrol en toda a historia deste deporte -o primeiro dirixido a estas categorías de idade-. Deste xeito, quixo poñer de manifesto que Galicia xa acolleu torneos a nivel nacional en practicamente todas as modalidades de tiro con arco existentes.

Deportes