Un ceo cheo de violíns

Un ceo cheo de violíns
13 de Xullo, 2019 - 06:00 h. | Publicada por Radio Fene

O ceo encheuse de violíns no concerto que De Vacas ofreceu en Fene na noite do 12 de xullo, dentro do ciclo de actividades do Dia da Patria Galega. Paula Romero, Inés Salvado, Faia Díaz e Guille Fernández pensan que para que haxa cancións, o mundo ha de estar sementado de esperanzas, como dicía Cunqueiro. Recollen as cancións con sorna, ironía, retranca, rexouba e trasacordo (as cinco variantes do humor galego) e as devolven ao público. 

De Vacas en Fene. 12 de xullo de 2019

As doncelas de alegre canto, de entusiasta e tibia voz, gañaronse a noite coa interpretaciónde "Fene, ferrete, fene", libre versión do "Pena, penita, pena" de Lola Flores. 

Cultura

Publica o teu comentario agora