Un cineasta de culto en todo o mundo

Un cineasta de culto en todo o mundo
21 de Outubro, 2019 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

Na Mourela do Medio en Neda estaba a chamada “Casa do Galo”, onde viviu Antonio, o avó de George, que emigrou a Cuba. A BBC está a gravar unha película documental sobre a relación de George Romero coa comarca de Ferrol. Guillermo Escrigas exerce de guía para a produción.

Casa Romero. Ferrol

O director de cine norteamericano George Romero é un cineasta de culto en todo o mundo. Coa súa película La noche de los muertos vivientes, abriu camiños, converténdose nun referente no cine de terror. O seu avó, Antonio da Mourela, emigrou a Cuba, pero regresaba a Galicia cada vez que a súa muller estaba embarazada, para que os fillos naceran na nosa terra. Así aconteceu co pai de George, Jorge Marino Romero. George Romero creou o cine de zombis e morreu en 2017. Dous anos despois da súa morte volverá ao cine da man desta película documental que prepara a BBC.

Cultura

Publica o teu comentario agora