ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Fene traslada este sábado 21 o comercio á rúa nunha nova edición da Feira Outlet. Haberá descontos de ata o setenta por cento. Participan vinte negocios, que sacarán os seus produtos á rúa. Será a décima edición da Feira Outlet Merca in Fene, e os comercios manterán as portas abertas ininterrompidamente de 10:00 a 20:30 horas.
O evento localizarase entre as avenidas Naturais de Fene e do Concello e a avenida Marqués de Figueroa, os tres eixos nos que están instalados os 20 negocios que participan nesta edición. Comprar na localidade e descubrir a calidade e profesionalidade que ten o comercio de Fene son os motivos principais do outlet, en palabras do presidente da asociación de comercio de Fene “O Cruceiro”, Juan Ramos. O escenario serán as haimas diante de cada establecemento. Os comerciantes porán alí as súas mellores ofertas. Agás algúns que se instalarán nas carpas habilitadas polo Concello para a ocasión, cada un defenderá a súa oferta e amosará xa algúns produtoS da nova tempada de outono.
Organiza esta actividade o Concello de Fene xunto coa Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene. Juan Ramos adiantounos que xa están organizando o concurso de tapas que quedou frustrado no pasado mes de maio pola proximidade das eleccións. Segundo acordaron hostaleiros e concello, o concurso de tapas fixarase entre o final de novembro e primeira semana de decembro. Buscan dar un salto cualitativo desta vez, procurando que as tapas sexan de moita calidade.
Publica o teu comentario agora