Un comercio unido

Un comercio unido
04 de Marzo, 2020 - 10:28 h. | Publicada por Radio Fene

Quince comercios de Fene propoñen un novo Outlet o sabado 7 de marzo. Abrirán todo o día con descontos que chegan ao 70%. Organiza a asociación O Cruceiro coa colaboración do concello de Fene. As jaimas e a música na rúa animarán as compras.

ESCOITA O PODCAST:

O comercio local de Fene volve amosar a súa calidade e xenerosidade cun novo Outlet este sabado dia 7 de marzo. 15 jaimas apostaranse na entrada das 15 tendas que participan nesta nova edición. A maioría dos comercios son de textil e calzado e ubícanse nas tres principais arterias comerciais do concello; Avenida Marqués de Figueroa, Naturais de Fene e Avenida do Concello. Dous Djs amenizarán a xornada, un na Avenida do Concello e outro en Perlío, actuando ao mediodía e a última hora da tarde.

Os comercios asociaciados a “O Cruceiro” abrirán as portas ininterrumpidamente, de 10,00 a 20,30h. Ofrecerán productos da temporada con descontos do 40 ao 70%. Berta Ameneiro, no nome da asociación O Cruceiro, agradece a colaboración do Concello nesta cita e anunciou que os comercios repartirán boletos entre a clientela para participar no sorteo de tres premios de 200€ cada un, que se celebrará o dia 10 de marzo.

Berta Ameneiro, socia de O Cruceiro desde que abríu a súa tenda Bualá no mes de setembro pasado, declarou a Radio Fene que o comercio fenés non só ten moita calidade senón que "está moi unido".

Comercios participantes: Jomer, Dama, Koralli, Calzados Lokay, Mas Sport, Mayka moda, Bualá, Un pedacito de mi, Costuras, Berline Boutique, Dulzia, Loly Calvo, Lidia Moda, APC Servigalicia e El baul de Bego.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora