Un congreso analizará o traballo dos intelectuais galegos durante exilio republicano

Un congreso analizará o traballo dos intelectuais galegos durante exilio republicano

10 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Pazo de Mariñán acollerá desde o xoves ata o sábado un congreso que ten por obxectivo analizar o labor dos intelectuais que tiveron que marchar por mor da ditadura franquista. Baixo o titulo de 70 anos despois. Congreso para o estudo da cultura do exilio republicano analizarase o traballo realizado en campos como o teatro, a prensa, o cine, as artes plást

“Aínda queda por moito por facer”. Estas son as palabras do catedrático e ensaísta Xesús Alonso Montero arredor do estudo da cultura do exilio. Recoñece que xa se publicaron importantes traballos sobre sobranceiras figuras como Castelao ou Luís Seoane, pero coida que cómpre tamén abordar as chamadas “segundas ou terceiras figuras”. A ese respecto, Alonso conclúe que a historia non só a escriben as “grandes espadas”, senón os “soldados”.

Precisamente co fin de analizar as parcelas tradicionalmente pouco abordadas nace o Congreso para o estudo da cultura do exilio republicano. No programa haberá oco para o teatro, a prensa, as artes plásticas ou a investigación científica, pero o grande protagonista será o cinema. A través de mesas redondas, conferencias e proxeccións renderáselle homenaxe a nomes propios da sétima arte que fixeron historia fóra das fronteiras galegas, tales como o director Carlos Velo ou a actriz María Casares.

Este congreso converterase no primeiro de 18 foros similares que se organizarán ao longo do ano por todo o territorio estatal. O ciclo concluirá cun encontro na localidade francesa de Collioure, onde se atopa enterrado Antonio Machado. Deste xeito, explicou Xesús Alonso Montero a Radiofusión, conmemóranse os 70 anos da fin da Guerra Civil e do falecemento de Machado.

Sociedade