Un conto e unha revista de rutas pechan o programa “As Pontes Aprende”

Un conto e unha revista de rutas pechan o programa “As Pontes Aprende”

18 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e a edil de Participación Cidadá, Montserrat García, presentaron a publicación Contos das Pontes. Este libro recolle as diferentes historias e referencias de personaxes emblemáticos da sociedade local, coma Dona Rita ou o cura Enrique Rivera Rouco, e repartirase entre os escolares dos centros educativos do municipio, xa que eles mesmos foron os autores dos dez textos recollidos nesta publicaci&oacute

A iniciativa forma parte do programa As Pontes Aprende, desenvolvido polo executivo local nos colexios ponteses dende hai varios meses, e que se complementou con distintas excursións, mediante as que se achegou aos escolares aos diferentes espazos naturais cos que conta o municipio, coma as Fervenzas de Somede, o casco histórico ou o lago de Endesa.

Por outra banda, González Formoso tamén deu a coñecer a revista 9 Rutas por As Pontes, unha colección de roteiros e fotografías elaborada a raíz das diferentes excursións protagonizadas polos alumnos dos centros educativos ponteses. A publicación distribuirase, nos vindeiros días, entre os escolares e o tecido asociativo local.

Sociedade