Un deporte arriscado pero non de risco

Un deporte arriscado pero non de risco
27 de Outubro, 2020 - 10:24 h. | Publicada por Radio Fene

Moitos pensarán que o ala delta ou o parapente son deportes para facer unha vez na vida. Tirarse en paracaídas está na lista de soños de moitas persoas. Tamén na mitoloxia grega, Dédalo e Ícaro soñaban con voar para escapar da illa de Creta.

ESCOITA O PODCAST:
Vó en parapente

Victor Maiztegui preside a Federación Galega de Aeronáutica. Todos os deportes que engloba a federación son arriscados pero “ningún é de risco”. Hai paracaidismo, parapente, ala delta, vó sen motor ou paramotor entre outros. Aínda que según o presidente o aeromodelismo e a categoría máis importante a nivel mundial.

En Ferrol pódese aprender a voar no Costa Ártabra e Club Parapente Ferrol. Tamén no club Aeronáutico de Ferrol. Hai que pasar un curso e ter coñecementos de metereoloxía para comezar. Buscan que, todos aqueles que teñan curiosidade e se achegan a probar, o fagan de forma segura e sen medo. Aínda que hai disciplinas, as que incluen aviación, que necesitan permisos concretos.

Existe competición de ala delta, vó a vela e parapente pero reduciuse moito nos últimos tempos.

A COVID afectou de maneira notoria a pesar de non tratarse na maioria dos casos de deporte de contacto. Como excepción atopamos o “vó en tandem” no que dúas persoas van completamente pegadas. As escolas gardan os materiais pero os aparellos teñen que pasar por un proceso de desinfección exhaustivo antes ser utilizados, polo que o servizo de préstamo é máis complexo.

O ala delta é a forma de vó máis pura para o ser humano. O vó a vela e o parapente son modalidades de gran beleza. Todas comparten os mesmos ceos. E Ferrolterra e Ortegal contan con zonas de auténtico privilexio para voar.

Deportes

Publica o teu comentario agora