Un desfile de comparsas animará a Festa do Lacón con Grelos en Ordes

Un desfile de comparsas animará a Festa do Lacón con Grelos en Ordes

06 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

En Mesón do Bento organizan esta fin de semana a súa undécima edición da Festa do Lacón con Grelos. Ao igual que en anos anteriores, bares, mesóns e restaurantes do lugar ofrecerán degustacións gratuitas do prato ao longo dos dias do sábado e do domingo. A orquestra Trovadores e Compostela animarán as correspondentes verbenas e pezas do mediodia.

As dez da mañá do sábado abriráse no recinto feiral unha exposición de gando de razas autóctonas e maquinaria agrícola. O desfile das comparsas do Antroido comezará ás cinco da tarde. Xa o domingo haberá concurso de beleza e estampa e probas de arrastre. Para os afeizoados á motocicleta, Nelson Pina ofrecerá unha demostración e presentaráse publicamente o moto club Biela Queimada.

Sociedade