Un dia soleado atrae a Arzúa a milleiros de persoas

Un dia soleado atrae a Arzúa a milleiros de persoas

15 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Milleiros de persoas inundaron Arzúa ao longo de toda a xornada do domingo para asistir a unha das Festas do Queixo máis concurridas da história. A decisión do Concello de ampliar a Feira a 2 dias, a apertura ininterrumpida do recinto feiral desde a mañá á noite e o dia soleado que luceu durante toda a xornada contribuiron a animar a milleiros de persoas procedentes de toda Galicia a visitar Arzúa. 

Os visitantes ateigaron o recinto feiral ata o punto que foi dificil circular entre os stands durante boa parte do día. Queixos de Italia, Francia ou das Illas Baleares misturábanse co de San Simón da Costa, ou a denominación de orixe Arzúa Ulloa. A peza de queixo vendeuse a un prezo que oscilaba entre os 6 e os 10 euros. 

 

Máis alá das actividades oficiais, e dos concertos de música, as rúas céntricas de Arzúa inundáronse tamén de postos de todo tipo de productos. As pezas de cerámica alternaban con camisetas con chispa e bandeiras do Real Madrid compartían mastil coas enseñas de Galicia coa estrela roxa de cinco puntas.

 

Sociedade