Un drama con suspense e con moita intriga

Un drama con suspense e con moita intriga

16 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Eleximos o texto porque os seus conflitos parecen os de hoxendia, coa situación mundial catastrófica que nos toca vivir” afirma o actor e produtor de "Lagarta, lagarta" Ernesto Chao. A compañía teatral compostelá Lagarta, Lagarta estreará esta tarde en Narón o seu novo espectáculo, "Unha hora na vida de Stefan Zweig", un drama con suspense e con moita intriga.

Lagarta, lagarta leva estreado en Narón os seus espectáculos nos últimos dez anos. O grupo agradece as facilidades prestadas desde o Concello naronés.

A obra sitúase no Brasil de 1942. O escritor austríaco vive alí exiliado, tras escapar de Hitler. Coa súa segunda muller toma unha decisión trascendental. Pero aparece un terceiro persoaxe que obriga a reflexionar sobre a condición humana e en torno ás convulsións da sociedade. 

Cultura