Un equipazo que ten que creelo

A do domingo foi unha boa xornada para o futbol feminino de Fene.
21 de Xaneiro, 2020 - 10:28 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío alzouse co trunfo nos Pinares fronte ao Discalzas cun resultado de 2-0. Marcaron Marta e María. Sitúase na metade da táboa empatado co Rosalía a seis puntos.

ESCOITA O PODCAST:

O Perlío alzouse co trunfo nos Pinares fronte ao Discalzas cun resultado de 2-0. Marcaron Marta e María, na primeira e segunda parte respectivamente. O Perlío situase na metade da táboa empatado co Rosalía a seis puntos. A pesar do resultado, o partido non foi doado. En palabras do técnico, Juanjo Lorenzo, as xogadoras estiveron espesas. “Non foi o mellor dia”. En defensa todo marchou ben pero a faceta ofensiva custalles máis. Neste encontro, segundo o criterio de Lorenzo, abusaron do xogo polo medio e desaproveitaron as bandas, pero na segunda parte correxiron e o xogo mellorou.

Juanjo Lorenzo sabe que ten un equipazo, como para estar máis arriba, pero para iso “teñen que creelo”, sentencia.

O próximo domingo, ás 11,30h o campo dos Pinares acolle ao Val B, un equipo de nova creación esta temporada, que xa coñecen da pretemporada e da copa. É certo que non lles vai ben pero ninguén pode fiarse.

Deportes

Publica o teu comentario agora