Un equipo campión….

Un equipo campión….

09 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Os dirixentes do fútbol de Fene achegáronse onte á nova instalación do campo de fútbol de Os Pinares acompañados polo alcalde Iván Puentes e as concelleiras de deportes Carmen Silvar e de medio ambiente Amalia García. Os presidentes do Perlío Juan Ramón Seco, do Maniños Ramón Maceiras e o directivo do Barallobre Ibán Mourente estiveron acompañados doutros directivos dos tres clubs de Fene e do propio entrenador

Os dirixentes reuníranse co Concello fenés que se comprometeu a redactar un regulamento de uso da instalación. O Alcalde tamén lles informou que queda unha segunda fase de construcción dos vestiarios da instalacións e das torretas do alumeado eléctrico. No transcurso da visita, os nenos das categorías de base do Perlío adestraban na nova instalación mentres que os pais esperaban, mortos de frio….

Deportes