Un espectáculo ecuestre de doma dará maior vistosidade á Festa do Cabalo de Magalofes

Un espectáculo ecuestre de doma dará maior vistosidade á Festa do Cabalo de Magalofes

13 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un espectáculo ecuestre de doma será a gran novidade da Festa do cabalo 2009 en Magalofes que se celebrará o domingo 30 de agosto. A festa chega a súa XIX  edición cunha xornada equina  que se desenvolverá ao longo de todo o día onde cabalos e éguas concentrarán todo o protagonismo. Entre 6 mil ou 7 mil persoas congregánse durante o día no Campo das Queiras de Magalofes  ben para participar das probas ou co

A Festa do Cabalo de Magalofes organizada pola Asociación Veciñal desta  parroquia de Fene, desenvolverá un amplo programa. Ás dez e media dáse o pistoletazo de saída para as probas cun concurso de beleza e estampa de éguas e cabalos de máis de dous anos. A competición conta con tres categorías:  razas indefinidas  cabalos de pura raza galega e de pura raza española.

A novidade máis salientable desta edición consistirá nun espectáculo ecuestre  da Asociación Galega O Cabalo Axuda. Trátase dunha proba de doma realizada por especialistas nesta modalidade hípica.Un aliciente máis  que destaca pola súa vistosidade e a boa execución dos Cabalos. Segundo manifestou para Radiofusión un dos membros da organización do evento, Manolo Pico, despois de 19 edicións , a festa demandaba algo máis de esplendor.

A proba de arrastre, unha das que maior expectación espertan entre o público, terá lugar ás doce e media. Tamén as carreiras que terán lugar pola tarde contan con gran aceptación. O propio público coa tensión que se respira no ambiente quere saltar á pista, subliñou Pico.

Arredor de 6 mil e 7 mil persoas dánse cita no Campo das queiras de Magalofes para desfrutar da xornada equina. En canto aos cabalos o número dos que se concentran na festa xira en torno aos 500 dos que só a metade participan nas probas. Este ano os premios incrementánse, aínda que seguen a máxima de repartir os premios entre máis participantes que facer grandes premios para poucos deles. O Campo das queiras disporá dun posto de polbo e churrasco para quen queira xantar alí e non faltar a ningunha proba. Asemade están a mellorar a zona de aparcadoiro para ubicar a numerosa cantidade de coches que se xuntan durante toda a xornada.

Sociedade