Un estudo da Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada detecta incumprimentos na Lei de Igualdade

Un estudo da Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada detecta incumprimentos na Lei de Igualdade

11 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

"A lei de paridade ten un cumprimento moi, moi limitado”. Esta é a principal conclusión que tira a autora do Proxecto PARXE, un estudo sobre a participación das mulleres en postos de responsabilidade na esfera pública e no asociacionismo do país. O informe presentarase esta semana no marco do Simposio de Xénero que se celebra na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, pero María Xesús Pena adiantou en Radiofusi&oacut

O proxecto PARXE, financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade e desenvolvido pola Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada, ten por obxectivo analizar a participación real feminina nos órganos de poder. Os datos obtidos poñen de manifesto que as mulleres teñen unha presencia relativamente elevada nas bases sociais, por exemplo nos movementos asociativos, pero que se atopan con moitas dificultades no acceso aos postos de responsabilidade.

O estudo centra boa parte da súa atención nas institucións públicas; xa que, como tales, deben cumprir coa Lei de Igualdade e porque, ademais, se consideran unha guía social. A directora do proxecto, María Xesús Pena, alude á política municipal como un caso claro. Aínda que a participación feminina é alta, os investigadores detectaron o mantemento do que denominan “condición socialmente periférica”. É dicir, que as concelleiras se ocupan normalmente de áreas tradicionalmente asociadas ao mundo feminino, como as relacionadas co benestar social, mentres que só 25 municipios galegos están rexidos por mulleres, o que supón o 8% do total.

Asuntos como este centrarán o Simposio de Xénero que se celebrará este mércores e xoves na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña. Leva por título Muller, participación e igualdade: universidades, política local e movemento asociativo. Antes de que a cita bote a andar oficialmente con conferencias e mesas redondas, mañá celebrarase unha actividade previa na Facultade de Filosofía. Trátase dun cafe-obradoiro para discutir o papel actual das mulleres nas asociacións galegas.

Sociedade