Un feirón politizado

Un feirón politizado

09 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O feirón de Perlío- Fene- congregóu na mañá do domingo a todas as candidaturas que se presentan en Fene ás eleccións. Os de EU repartiron moi cedo os seus folletos; os do PP pasearon polo mercadillo na compañ´çia do Delegado provincial, Diego Calvo, repartindo propaganda e caramelos. Os do PSOE colocaron un posto no que se repartían piruletas e diferentes modalidades de publicidade electoral. Os do Bloque realizaron o primeiro

O candidato, Juventino Trigo falou, entre outras cousas, da necesidade de conservar todos os centros de ensino que funcionan no concello, en referencia á intención do PP de pechar tres despois das eleccións. El pretende ampliar un centro máis coa Escola Infantil do Carril e, en relación a Perlío, conquerir a Aula de Educación Física que reclama o colexio Centireiras.

Tamén en Perlío pretendía o Bloque ubicar un centro de Día para os maiores e persoas dependentes, e citou o lugar dos módulos como un sitio que barallan para ese fin. Os nacionalistas criticaron que o enorme retraso no acondicionamento do campo dos Pinares e que, despois de duas inauguracións, esten as obras sen rematar. Outro candidato,  Maceiras, presentou unha idea orixinal, a creación dunha rua da Música en Perlío.

Sociedade