Un GPS para controlar o uso do chan queimado

Un GPS para controlar o uso do chan queimado

05 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

A Consellería de Medio Rural trata de mellorar o control do uso de solos queimados polos incendios forestais a través dun novedoso sistema GPS do que esta mañá falou o conselleiro Samuel Juárez.

Un sistema de planimetría GPS permitirá que os lumes permanezan visibles incluso unha vez se rexenere a cuberta vexetal da zona que sufriu o incendio, delimitando dun xeito exacto tanto a súa localización coma o seu perímetro. 

 

 

Este innovador sistema foi presentado esta mañá polo Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, quen resaltou as melloras que esto suporá para evitar polémicas ligadas aos incendios, especialmente ás limitacións establecidas para a reutilización dese chan. 

 

Así, o Conselleiro resaltou o enorme valor desta iniciativa, que permitirá dispor en formato dixital dos datos de tódolos incendios, independentemente do seu tamaño, de toda a nosa comunidade, supoñendo unha axuda para o cumprimento das normativas en materia de incendios.

Institucional