Un home de 76 anos mata á súa muller en Coristanco

Un home de 76 anos mata á súa muller en Coristanco

07 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira
O home, de 76 anos, matou á súa muller, segundo el mesmo confesou, tras unha discusión no domicilio conyugal, situado no lugar de Carrizal, no concello de Coristanco, e posteriormente trasladouse en taxi á Coruña para entregarse voluntariamente á Policía. O primeiro exame médico sinala que a muller morreu ao redor das 14 horas a causa dun golpe no peito, aínda que o resultado definitivo non se coñece
O home, que comunicou a unha patrulla da Policía Nacional o ocorrido, foi trasladado ás dependencias da Garda Civil no cuartel de Lonzás, onde na tarde deste venres presta declaración.
Sociedade