Un inverno para chegar ao ceo

Un inverno para chegar ao ceo

22 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes celebrará o próximo venres día 26 de marzo unha nova sesión do programa Tardes de Contos e Lendas. A xornada levará o título de “Un invento para chegar ao ceo”. Como de costume esta actividade estará dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, dando comenzo a partir das 19:15 horas ata as 19:45 horas.

Dende o Concello animan a todos os pequenos do municipio a participar nesta iniciativa que conta xa cunha gran tradición na biblioteca e que os últimos venres de cada mes congrega a un bo número de participantes nas instalacións.

Sociedade