Un libro de gran calidade poética

Un libro de gran calidade poética
19 de Xullo, 2020 - 09:44 h. | Publicada por Radio Fene

"É unha poesía de indagación vital nunha obra de gran calidade poética" afirmou o editor de Espiral Maior Miguel Anxo Fernán Vello, no acto de presentación de "Deriva" de Regina Touceda, premiado co Pérez Parallé 2019. "A autora mírase cara dentro e, cunha voz persoal, ofrece un volume moi singular, atractivo e de gran calidade poética" manifestou o escritor, sinalando tamén ao galardón de Fene, "como unha institución recoñecida en toda Galicia".

ESCOITA O PODCAST:
Regina Touceda con Fernán Vello no Círculo de Fene

"Calquera se pode sentir identificado coa lectura se se aborda con sensibilidade" indicou Touceda nun acto no que tamén interviron o alcalde de Fene Juventino Trigo e a presidenta do Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene Paula Romero. O grupo musical Encrucillada pechou a presentación realizada coas medidas de seguridade e prevención do coronavirus. Esta mesma semana publicaranse as bases dunha nova edición do Premio de Poesía Pérez Parallé. Poden presentarse libros de poesía de autores sen obra editada. No 2019 estivo dotado con 2.500 euros. 

Cultura

Publica o teu comentario agora