Un libro que é unha caixa de sorpresas

Un libro que é unha caixa de sorpresas
07 de Outubro, 2020 - 06:00 h. | Publicada por Radio Fene

Analizamos con Noel Blanco a última obra Nox da escritora canadense Anne Carson, premio Princesa de Asturias das Letras 2020.

ESCOITA O PODCAST:
Noel Blanco, profesor na Universidade de Chicago

“Non sei se é un libro” advírtenos Noel Blanco antes de falarnos de Nox, a última entrega poética de  Anne Carson. O novo libro da canadense é unha caixa de cartón, moi bonita, pintada por fora e decorada cunha foto familiar. En España está editado por Vaso Roto. "Un obxecto que sirve para unha especie de exorcismo persoal”. No interior hai cun acordeón de papel. É como se atoparamos unha caixa perdida con recordos. No desplegable Anne Carson vai urdindo diferentes fragmentos poéticos entre lembranzas familiares que teñen que ver co seu irmán falecido e co que a escritora mantivo pouco contacto por estar el sempre de viaxe. A través das fotos, cartas, manuscritos, pinturas, etc, a autora reconstrúe unha relación fantasma, a que debera ter mantido con el.

Anne Carson racha absolutamente cos xéneros literarios, que rompe sempre coas regras. “Ela mesma vístese dun xeito co que pretende construír a súa propia imaxe”. Moi interesante é a elaboración das  súas obras, moi intelectual, rigorosa, pero á vez con notas persoais conmovedoras. “Este é un dos seus libros máis persoais. Reflexiona sobre a súa vida, a familia, as inquedanzas, pero sen novelala. Faino creando este obxecto poético totalmente inesperado”.

Pero quizás o que máis caracteriza á autora, nacida en Toronto en 1950, é a súa capacidade de evocación a través da linguaxe, de evocar o misterio primitivo da linguaxe. “Detrás da linguaxe existe unha convencionalidade misteriosa e nos non reparamos niso porque a nosa experiencia coa linguaxe é absolutamente pragmática, de uso automático". Ela leva aos lectores a ese gusto pola linguaxe, prantexándonos o valor de cada palabra, é como unha relación máis íntima con ela. Conclúe Noel Blanco que “ O bonito é que, aínda que un non estea familiarizado con esas referencias, un pode gozar igualmente da reflexión dos seus libros”.

 

Anne Carson (Toronto 1950) é ensaísta, traductora e profesora de literatura clásica comparada na Universidade de Michigan. Concederonlle o Premio Princesa de Asturias 2020). Realizou tamén o libro Tipos de agua coa súa experiencia tras a realización do Camiño de Santiago.

Noel Blanco (Franza-Mugardos) é profesor na Universidade de Chicago. Na imaxe, Noel Blanco.

Cultura

Publica o teu comentario agora