Un local para os máis larpeiros

Un local para os máis larpeiros
17 de Agosto, 2020 - 12:08 h. | Publicada por Radio Fene

A xente larpeira xa ten un recuncho ao que acudir na beira da Ría de Ferrol. Coidan os postres e ofrecen masa de pizza caseira elaborada no propio local. Contan cunha reposteira, polo que animan á xente a ir merendar e desfrutar os seus postres. Para a sobremesa pódese probar a tarta de crema de orujo.

ESCOITA O PODCAST:
David Sanjurjo posa na entrada do local

Harina y Brasa abría as súas portas a comezos de xullo no Puntal, en Neda. Este novo local ofrece servizos variados, dende almorzo ata comidas e ceas. Ademais das pizzas caseiras, tamén preparan churrasco. “Temos unha carta un pouquiño variada” sinala o xerente do local, David Sanjurjo.

Pensaban abrir en marzo, xusto antes da declaración do estado de alarma. Afortunadamente aínda non deran coa fórmula desexada da masa das pizzas, polo que tiveron que retrasar a apertura. Ao final, iso viulles ben porque evitaron un periodo de gastos fixos e sen ningún ingreso. Fixeron unha reforma completa no interior, pero apostan sobre todo pola ampla terraza, o cal foi todo un acerto.

O horario de cociña comeza ás 13.00h e remata ás 15.30h para comidas. Polas tardes dende as 20.30h ate as 23.30h. De martes a venres contan con menú do día. Pódese consultar a carta na súa web harinaybrasa.com.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora