Un Maniños perfecto arrola ao Narón B

Un Maniños perfecto arrola ao Narón B

02 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Oito goles meteulle o Cultural Maniños ao Narón B balompé Piñeiros no campo do Pote. Tamén o Perlío gañou no seu enfrontamento nos Pinares diante do San Pablo, en partido da Segunda Autonómica de fútbol celebrado na tarde de onte.

O Cultural Maniños desplegou un bó xogo na tarde do domingo. Fixo os 25 mellores minutos da tempada, segundo o seu adestrador Angel Mahía e lograron un contundente 8 a 1.

Máis dificil se lle presentou o encontro ao Perlío, que rematou gañando por 2 a 1. Nos Pinares o San Pablo artellou un eficaz sistema defensivo coas liñas bastante xuntas. Na primeira parte do encontro o Perlío foi inferior, segundo o técnico Fernando Alvarez.

Deportes