Un morto e 1 ferida de gravidade nun accidente esta mañá no Porriño

Un morto e 1 ferida de gravidade nun accidente esta mañá no Porriño

24 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Un xove veciño de Mos de 21 anos morto e unha veciña de Redondela de 24 ferida grave é o resultado da colisión acaecida a primeiras horas desta mañá na autovia A-55 á altura do Porriño. Produciuse un choque frontal despois de que un dos vehículos circulase ao longo de 7 quilómetros en sentido contrario da circulación.

O condutor dun vehículo que circulou durante uns sete quilómetros pola autovía A-55 en sentido contrario faleceu hoxe tras chocar no municipio de O Porriño (Pontevedra) o seu turismo con outro, cuxa condutora resultou ferida. Segundo a información definitiva facilitada pola Garda Civil de Tráfico, o falecido no accidente é o condutor kamikaze, M.F.L.F., de 21 anos de idade e veciño de Mos, que conducía un Citroën ZX.

Tráfico indicou que o mozo accedeu á autovía A-55, que une Tui e Vigo, desde a saída Tui Norte, pero en dirección contraria cara a Vigo, circulando uns "6 ou 7 quilómetros polo sentido equivocado".

Por iso, a Garda Civil despregou un dispositivo especial para interceptar ao Citroën ZX, que colisionou frontalmente, antes de que fose localizado, cun Opel Corsa.

A condutora do segundo vehículo, N.P.C., de 24 anos e veciña de Redondela, foi trasladada nunha ambulancia asistencial do 061 ao Hospital Xeral de Vigo con contusiones múltiples, segundo sinalaron a Europa Press fontes sanitarias.

Pola súa banda, Tráfico indicou que os equipos de investigación de Atestados do Destacamento de O Porriño están realizando as averiguacións oportunas para clarificar as causas que provocaron que o condutor do Citroën ZX accedese á autovía polo carril contrario.

A autovía permaneceu cortada por espazo dunha hora, establecéndose desvíos alternativos por vías adxacentes paralelas á A-55 mentres se realizaron os traballos de rescate do corpo do falecido e labores de limpeza na calzada.

Deste xeito, as mesmas fontes confirmaron que ás 10.05 horas a autovía A-55 sentido Tui (Pontevedra) quedou totalmente aberta á circulación.

Sociedade