Un morto moi vivo, en Soutomaior

Un morto moi vivo, en Soutomaior

14 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O Multiusos de Arcade acolle este sábado a obra de teatro Un morto moi vivo da compañía Produccións Acontrabutaca. Unha comedia que conta cun elenco de peso: Isi, Dorotea Bárcenas, Chelo do Rejo e Toño Pena. Catro actores que dan vida a unha familia que prepara con bastante antelación un enterro. Unha comedia popular que promete unha longa sesión de risas. A actuación, programada pola Concellería de cultura, será as

Viaxes e cursos centran a oferta da OMIX

 

Por outra banda, a oficina de xuventude ten aberto o prazo para participar en diferentes actividades que se van desenvolver nas vindeiras semanas. A fin de semana do 20 e 21 de xuño realizarán unha viaxe a Quiroga, onde os participantes poderán gozar de diferentes actividades ao aire libre como rutas en canoa, rapel e espeleoloxía. Está orientada esta actividade a mozos e mozas de idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos e o prezo é de 15 euros. Tamén está aberto xa o prazo para participar no obradoiro Ja, je, ji, jo, ju onde se aprenderá aos asistente a rir. Para anotarse en calquera das actividades poden chamar ao teléfono 986700822 ou achegarse á OMIX no Multiusos de Arcade.

Sociedade