Un mozo de 22 anos morre ao caer nunha fogueira de San Xoan na Coruña

Un mozo de 22 anos morre ao caer nunha fogueira de San Xoan na Coruña

24 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Un mozo faleceu esta noite nunha fogueira de San Xoan no barrio de Labañou na Coruña. A morte produciuse cando tropezou e caeu no lume. Os seus amigos non puideron rescatalo e faleceu carbonizado.

A “Noite Meiga” rematou en traxedia en Labañou. Un dos participantes na festa, César Pires, de 22 anos e de orixe brasileira, faleceu ao caer nunha fogueira que os veciños da barriada acenderan nun escampado próximo á rúa do Pino . «Fixemos varias fogatas, dúas ou tres para os nenos, para que puidesen saltalas e achegarse, e a grande», explicaba un dos consternados organizadores. Foi precisamente na de maiores dimensións onde se produciu a traxedia. Ao redor das doce da noite acendeuse esta fogata e pouco despois César Pires intentou saltala. «Tropezou cun sofá que había alí e quedou encastrado», explicaba un dos veciños do barrio que intentaron salvalo. Foron tres mozos que se atopaban nas inmediacións os que se lanzaron de inmediato a socorrelo, pero non puideron facer nada.

Sociedade