Un mundo cheo de cores

Un mundo cheo de cores
01 de Agosto, 2019 - 10:04 h. | Publicada por Radio Fene

“Observamos, eliximos, fotografamos e descubrimos unha vez máis, que na diversidade atopamos un mundo cheo de cores”. Reza así unha das pancartas da exposición fotográfica “Pintámolo mundo” que o centro ocupacional Aspaneps Fene amosa no Mercado da Magdalena de Ferrol. Todo xurdiu nun obradoiro impartido polo fotógrafo Gabriel Tizón.

Un mundo cheo de cores no Mercado da Magdalena

“Compartir esta pequena idea axúdame a descubrir a un dos grupos de persoas máis naturais que coñecín realizando un taller de fotografía” afirma Tizón. O resultado dese traballo en forma de vintecinco imaxes de gran tamaño -1 metro por 65 centímetros- amósase nos postos baleiros do mercado. Recóllense elementos cotiás, redescubertos coa óptica e a ilusión das persoas protagonistas. Aspaneps Fene quere realzar os valores da diversidade e a inclusión social. Agradecen a colaboración da Asociación de Vendedores do Mercado da Magdalena e do Concello de Ferrol. A exposición permanecerá aberta nos meses de agosto e setembro.

Sociedade

Publica o teu comentario agora