Un mural para o 8 de marzo

Un mural para o 8 de marzo
19 de Febreiro, 2021 - 10:15 h. | Publicada por Radio Fene

A área da Muller do concello de Fene elaborará un mural na fachada do edificio dos SS SS municipais neste mes de marzo para conmemorar o Día da Muller.

ESCOITA O PODCAST:

A área de Benestar e Muller prepara a celebración do 8 de marzo, descartando actividades presenciais. Non haberá maratón de lectura dos colexios nen outro tipo de concentración de xente. Martínez explica que teñen redactado o Manifesto dese dia e que pensaron na realización dun gran mural que se pintará nas paredes do edificio de Servizos Sociais de San Valentín durante este mes de marzo. Para iso contan coa participación de pintoras como Lola Fernández de Barallobre. Ultímase estes dias o tema xeral do mural que, segundo a edil, “podería representar a gremios de mulleres traballadoras como as lavandeiras ou outro colectivo”.

Todo o personal laboral dos Servizos Sociais de Fene véuse sometido a unha corentena ao detectarse hai unhas semanas un caso positivo de Covid19 entre as traballadoras destas dependencias. Non quedou outra que poñer a todo o persoal en corentena e teletraballar desde a casa. Por sorte as PCR realizadas deron negativo no resto do personal que actualmente xa se reincorporou ao traballo presencial desde o dia 2 de febreiro. Tamén se detectou outro positivo na Axuda a domicilio pero non afectou ás tres traballadoras municipais senón na empresa Atendo. “Está sendo complicado pero imos capeando o temporal” afirma a concelleira responsable desta área, Mª Carmen Martínez, quen explica que hai usuarios deste servizo que colleron medo e déronse de baixa mentres dure esta terceira onda e, pola contra, hai usuarios que deron positivo e precisan que os atendan igual. Neste caso as traballadoras acuden ao domicilio con traxes protectores especiais para atendelos.

A radio sigue suplindo os obradoiros de memoria que imparten os SS SS de Fene. Os usuarios e usuarias que siguen participando nestes talleres están contentos pero hai algúns que non teñen posibilidade de facelo. Hai outra iniciativa denominada “ Botámosche un cable” que empezou no confinamento e sigue aberto a quen o precise sen límites de idade. “Engancha ter unha persoas coa que falar dúas ou tres veces por semana” explica Martínez. Empezouse con xente maior pero pouco a pouco fóronse apuntando persoas máis novas que precisan compañía.

 

(Na imaxe, mural de Lola Fernández no salón da Liga de Amigos de Barallobre)

Institucional

Publica o teu comentario agora