Un novo centro de día

Lar do Eume ubícase na Avda da Coruña, 22 en Pontedeume.
01 de Xullo, 2019 - 11:39 h. | Publicada por Radio Fene

Lar do Eume é un novo Centro de Día, ubicado en Pontedeume, que ten a atención personalizada como unha directriz de traballo. Ofrece animación e talleres para manter ou recuperar a autonomía e dispón de transporte.

ESCOITA O PODCAST:
LARDOEUME

As persoas vivimos cada vez máis anos. En particular os españois (galegos) teremos unha esperanza de vida de 85,8 anos en 2040, o que convertirá ao Estado Español no país con maior esperanza do mundo,segundo un estudio da Universidade de Washington (Seattle, EE UU). Actualmente, vivimos 82,9 años de promedio, unha cantidad que coloca a España na cuarta posición da clasificación mundial. Pero do que se trata non é so de vivir máis senón mellor. Para iso está a axuda profesional. É evidente que as prazas nas residencias de Centros de Día escasean. A demanda das familias é cada vez maior, por iso abren centros como o "Lar do Eume", ubicado na Avda da Coruña n.º 22 baixo.

Duas mulleres emprenderon este proxecto que leva funcionando escasamente tres meses. Este centro de día ofrece actividades adaptadas ás necesidades da xente maior, como son a recuperación e mantemento da autonomía en todos os sentidos. Ofrecen animación e talleres, ximnasia de mantenemento, menús especiais vixiados por un nutricionista, e servicios adicionais como o transporte, fisioterapia, perruquería ou podoloxía.

O Lar do Eume é, segundo a súa traballadora social, Marta Tenreiro, un espazo diáfano, amplo, multifuncional, onde a xente se relaciona entre sí e está ben atendida. Afirma Marta Tenreiro que as familias teñen que ter tranquilidade e seguridade á hora de tomar decisións como a de optar por un centro de día.  Lar do Eume ten aínda prazas vacantes para acoller máis usuarios e usuarias. E un correo para calquera consulta: lardoeume@hotmail.com

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora