Un novo furgón de atestados aumenta a flota da Policía Local de Narón

Un novo furgón de atestados aumenta a flota da Policía Local de Narón

22 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Policía Local de Narón dispón dun novo furgón de atestados, que hoxe foi presentado públicamente na Praza de Galicia polo Alcalde, Jose Manuel Blanco, e o xefe da Policía Local, Eduardo Pita, acompañados polo edil de Seguridade Cidadá, Ramón Padín. O vehículo é un Toyota Hiace D4D C 95, e está adaptado con todos os elementos necesarios para facilitar o traballo aos policías adicados ao servizo de atestad

Este novo furgón ten unha capacidade de 7 prazas, e dispón de mobiliario adaptado, mesas de traballo para alcoholímetro, e ordenador portatil con impresora para realizar os trámites administrativos relacionados cos atestados e tráfico. Ademáis, conta de elementos sinalizadores de emerxencia, inhibidores para o lume, sinais plegables, e diversas tomas de corrente no interior e exterior  de 12 v. e 220 v. O vehículo, xunto con tódalas modificacións feitas no mesmo, tivo un curso de 33.500 euros.

Coa incorporación do novo vehículo, a Policía Local de Narón pasa a ter unha flota de 8 vehículos e 4 motocicletas, que serán empregados polos 36 axentes que forman a plantilla do Corpo de Policía Local. A este respecto, o Alcalde de Narón sinalou que a forza local de seguridade “está bastante ben equipada aínda que sempre temos que aspirar a ter máis. A incorporación deste novo vehículo de atestados vai a mellorar a calidade do servizo que presta a Policía Local”, destacou Jose Manuel Blanco.

Sociedade