Un ordense residente na Arxentina recibido polo alcalde

Un ordense residente na Arxentina recibido polo alcalde

08 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, recibía onte na Casa do Concello a visita dun veciño do municipio residente no exterior. Trátase de José Villasenín, ordense de nacemento e residente na Arxentina, que está a pasar uns días de vacacións no municipio.

Manuel Regos, desexou a este veciño que pase uns bos días de vacacións en Ordes, así como lle entregou un recordo do Concello. Pola súa banda José Villasenín mostrou a súa satisfacción por estar no seu pobo natal, así como pola boa acollida recibida. Deste xeito, o alcalde volveu a mostrar o seu interese polos ordenses residentes no exterior.

Sociedade