Un parque en pleno centro

O concello de Fene pon en marcha o Parque da infancia a carón na praza Ramón Souto.
13 de Decembro, 2019 - 02:31 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene habilitará o parque infantil nas inmediacións da casa consistorial que quedou "aparcado" no ano 2015. O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, explica que a intervención está adxudicada e se financiará con cargo ao superávit municipal.

O Concello habilitará nas inmediacións da casa consistorial o Parque da Infancia. Unha superficie para o xogo dos máis pequenos e pequenas. Será tras un investimento de 39.000 euros máis IVE que o Concello financiará con cargo ao superávit municipal. A intervención vén de adxudicarse. O goberno municipal xa planteara en 2015 executar este proxecto, pero a negativa dos grupos da oposición imposibilitou daquela a iniciativa que agora verá a luz.

A zona de actuación ocupará uns 228 metros cadrados, dos que 162 se adicarán exclusivamente ao xogo infantil e os restantes, a zona verde. O parque, que irá delimitado por un peche perimetral de madeira, contará con chan de caucho e dous xogos multifunción e un balancín. Os primeiros constarán de dúas torres con tellado e unha ponte de unión, así como unha terceira torre, taboleiros para trepar, corda, ponte oscilante e un tobogán. A intervención completarase coa instalación dun panel informativo.

O goberno local congratúlase da nova infraestrutura para o uso e desfrute dos máis pequenos e pequenas, en pleno centro do municipio. (Na imaxe, o alumnado do IES Fene no espazo onde se crea o novo parque).

Institucional

Publica o teu comentario agora