Un parque inclusivo

Os máis pequenos de Fene estrean o primeiro parque inclusivo do municipio.
07 de Xaneiro, 2020 - 12:23 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde, Gumersindo Galego, recepcionou as obras realizadas na zona de xogos de San Valentín, tras un investimento de 40.000 euros. Inaugurouse esta mañá. O parque inclusivo ten forma de barco e múltiples posibilidades de divertimento.

ESCOITA O PODCAST:

Os máis pequenos de Fene estrean o primeiro parque inclusivo do municipio. Esta mesma mañá púxose en servizo o primeiro parque infantil 100% inclusivo do municipio, accesible a nivel motriz, sensorial e mental. Unha zona de xogos cuxas obras o Concello recepcionou a semana pasada. Sitúase en San Valentín, nas inmediacións do pavillón, e a intervención contou cun investimento duns 40.000 euros. O reformado parque conta cun gran xogo temático con capacidade para o xogo simultáneo de 32 nenos e nenas de entre 3 e 14 anos e ocupa unha superficie duns 223 metros cadrados. Imitando nas súas formas a un gran navío, dispón dun sinfín de elementos como pasos móbiles, pasadizos de gateo, ollos de boi a diferentes alturas, paneis didácticos, complementos como catalexos, temón, tobogán ou unha plataforma inclinada de accesibilidade de integración. Así mesmo, a intervención realizada completouse coa dotación dun columpio inclusivo para nenos e nenas con diversidade funcional.

Institucional

Publica o teu comentario agora