Un partido completo, un partidazo

O C. Maniños feminino meteuse no encontro co Amistade de Meirás dende o minuto un.
18 de Decembro, 2018 - 10:59 h. | Publicada por Radio Fene

O maniños pecha o ano 2018 cunha carreira ascendente.

ESCOITA O PODCAST:

As xogadoras do Maniños feminino da Liga Futbol 8 leeron moi ben o partido que as enfrentou ao Amistade de Meirás ás que venceron cun Amistade de Meirás 0- Cultural Maniños 2. Déronlle á volta así á clasificación colocándose as de Maniños segundas con 28 puntos e relegando á terceira praza ao Meirás, con 27. O Maniños feminino meteuse no encontro dende o minuto un e foron moi superiores na primeira parte, en palabras do técnico Carlos Gómez. Pola contra os goles non chegaron ata a segunda metade, obra de Isabel o primeiro e de Rebe o definitivo. En fín que ao Maniños saiulle un partido completo, un partidazo, a pesar de acudir mermadas de efectivos e do lamentable estado do campo a causa do mal tempo. O último choque do ano enfrontará ao Maniños con As Pontes. O partido xogase o sabado 22 ás 16:00horas no Pote. Para daquelas o Maniños recuperará xogadoras que "volven polo Nadal".

Deportes

Publica o teu comentario agora