Un partido contra o coronavirus

Un partido contra o coronavirus
23 de Xullo, 2020 - 12:53 h. | Publicada por Radio Fene

Os clubs de futbol da comarca están convocados pola Delegación ferrolana de Futbol a unha asemblea que se celebrará o domingo 2 de agosto no campo de futbol de Río Seco.

As gradas de Río Seco acollerán o domingo 2 de agosto aos clubs de Ferrolterra, convocados pola Delegación ferrolá de futbol. O Cultural Maniños e o resto dos equipos de Ferrolterra recibiron da Delegación de Ferrol un correo que ten moito interés para os equipos que agardan a volta á normalidade. Infórmanos de que o domingo día 2 de agosto, ás 11:30 horas na bancada de Río Seco, se celebrará unha asemblea informativa sobre todo o relacionado cos plans competicionais e a previsión das datas de comezo das diferentes categorías, copas desta tempada e finalización das copas da tempada pasada. Abordarán asimesmo as dúbidas sobre os adestramentos, a pretemporada e, en definitiva, todas aquelas dúbidas que teñen os clubes sobre a tempada que empeza. Asímesmo lles informarán de todo o referente á delegación. Por iso chaman a que acudan á asemblea para entre todos darlle forma á tempada tan difícil que teñen por diante. Explican que fan a asemblea en Rio Seco polo compromiso do Concello de Naron co Deporte, ao preparar e desinfectar esta instalación para ter as máximas garantías sanitarias. Pídenlles aos directivos dos clubs que leven as consabidas máscaras. Na nota da delegación, lembranlles aos clubs que, para opinar e poder decidir no que se fale, deben estar presentes. Reitéranlles a importancia da súa presenza ante o que se lles ven enriba.

 

(Na imaxe, Pelé, que anuncia o retorno ao Maniños na nova temporada)

Deportes

Publica o teu comentario agora