Un partido durísimo

Cultural Maniños 4- As Pontes 3.
12 de Febreiro, 2020 - 12:33 h. | Publicada por Radio Fene

Tras o último encontro, o Cultural Maniños logróu desbancar ás líderes e se sitúa empatado co Caranza nos primeiros chanzos da clasificación con 19 puntos.

ESCOITA O PODCAST:

O partido foi durísimo, custou moito gañar porque o equipoque tiñan enfrente era moibo. Así resume o técnico do Maniños feminino, Carlos Gómez, o partido Maniños- As Pontes da Liga feminina de futbol-7. O resultado C. Maniños 4- As Pontes 3 aupou ás do Pote ao segundo posto tras o Caranza que tamén gañou, e relegou ás líderes de As Pontes á terceira posición na táboa. Antes do encontro o Maniños estudou os puntos fortes das rivais e quizás por iso lograron o trunfo.

O Cultural Maniños púxose por diante no marcador cun 2-0. Semellaba que estaba case todo feito pero en cuestión dun minuto As Pontes logra empatar a través dun penalti e dun roubo de balón. Chegouse ao descanso co 2-2.

Na segunda parte o Maniños ía arriba a intentalo e logrou poñerse co 4-2. Nos dez últimos minutos tocou amarrar e aguantar o resultado. As Pontes apretou e aínda acertou unha vez poñendo o 4-3 final. Rebe foi a autora dos catro tantos do Maniños que está empatado a puntos co Caranza pero na segunda praza, precisamente pola vantaxe de goles en contra que teñen as ferrolás.

O domingo pola mañá o Maniños visita o campo do Eume Deportivo, situado na metade da táboa porque está mellor que o ano pasado, en palabras de Carlos Gómez. O Maniños ten o seu talón de Aquiles, as lesións.

Deportes

Publica o teu comentario agora