Un partido moi serio

O técnico Pablo Mesa amosase moi satisfeito co traballo realizado.
16 de Setembro, 2019 - 11:12 h. | Publicada por Radio Fene

Capela 0- Cultural Maniños 3. O resultado é froito dun bo traballo por parte dos feneses. Primeiro partido da Segunda Galicia de fútbol.

ESCOITA O PODCAST:
Capela - Maniños

Fixeron un bo traballo, un partido moi serio. Por iso Pablo Mesa está contento co seu grupo. Capela 0 - Cultural Maniños 3 foi o resultado do choque celebrado onte no campo dos Calzados. En palabras do técnico do Maniños, custoulles entrar no partido pero adiantaronse no marcador. No descanso falaron de poñer unha marcha máis e así conseguiron crear moitas ocasións e dous tantos máis. Os goles foron de Javi González, Fuguillas e Roi Rei. Recoñece Mesa que os cambios, a media hora do final, axudaron.

Na próxima xornada o Maniños recibe ao Vilarmaior que tamén gañou o seu primeiro encontro. Mesa vaino preparar con intensidade porque, segundo afirma, "con este formato os partidos na casa son fundamentais".

Deportes

Publica o teu comentario agora