Un paseo polas estacións do ano ao ritmo dos “Haikus” de Lobalú

Un paseo polas estacións do ano ao ritmo dos “Haikus” de Lobalú

01 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Haikus nace arrolado pola primavera. Botou flor devagariño, cos aloumiños dunha ducia e media de músicos e amigos e converteuse nun paseo polas catro estacións do ano enfeitado pola música e a poesía. Sen as moras regulamentarias mais coa métrica da alma, cada composición atesoura un anaquiño da musicalidade e sensibilidade dos que a conforman. Tres cancións para cada estación, unha para cada me

A banda nace no 2004 a partir da asociación de Najla Shami e Héctor Lorenzo despois do festival de verán “Feito a man” en Santiago de Compostela. A partir dese momento a formación toma un carácter aberto traballando con moitos colaboradores. Xa no 2009 establécese un novo grupo ao comezar a gravación deste primeiro disco, Haikus, nos Estudios Abrigueiro de Friol. Un álbum con 12 temas que viu a luz nesta primavera, producido por Arturo Vaquero e Jahel Piñeiro.

Najla Shami pon a voz neste disco, ao igual que Héctor Lorenzo que achega ademais a guitarra rítmica. Non obstante, Haikus conta cun bo número de colaboracións: Álvaro Vieito (guitarra solista), Michel González (guitarra solista), Guillerme Fernández (guitarra solista), Sérgio Tannus (guitarra solista, cavaquinho, mandolín
), Quim Farinha (violín, viola), Pedro Pascual (acordeón diatónico, accordina, percusións), Alfonso Calvo (contrabaixo), Roi Adrio (percusións), ángel Sanluis Tejado (percusións) e Miguel Queixas (batería).

Lobalú ofrece un espectáculo íntimo e sinxelo onde o ingrediente esencial é a sensibilidade dos compoñentes e a do público, co que se trata de trazar unha ponte que facilite a comunicación e o goce. O repertorio abrangue distintos estilos, enchendo as composicións de grande sonoridade: jazz, bossanova, pop ou folk, e sempre buscando a liberdade a partir da improvisación, traballando no terreo do acústico.

Cultura