Un paso máis

Libunca 0- Perlío 4
04 de Febreiro, 2020 - 01:05 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío feminino xa son cuartas na clasificación da Liga de futbol-7, a tres partidos de rematar a primeira volta da competición. Pouco a pouco consolidan o seu futbol e a confianza en si mesmas.

ESCOITA O PODCAST:

O Perlío venceu ao Libunca no campo da Gándara de Ferrol por un contundente 0- 4. O mal estado do campo e o vento dificultaron o xogo para as rapazas do Perlío que non están afeitas a un campo que está tan gastado que semella de cemento e fai botar á pelota. Isto afectaba aos pases en ataque das fenesas, que non daban controlado o balón. Algo que houbo que correxir na segunda parte que discurriu por outros derroteiros, con pases máis curtos e creando as de Perlio moitas ocasións, segundo declara o técnico, Juanjo Lorenzo.

Así foi como entraron catro balóns entre os tres paus. Estreou o marcador Ana; Sofía marcou os dous seguintes e pechouno María co cuarto e último tanto. Os tres puntos auparon un posto máis arriba ao Perlío feminino que, a tres partidos de rematar a primeira volta da liga, son cuartas con 12 puntos.

O proximo domingo 9 de febreiro ás 11,30h, o Perlío recibe ao Rosalía. Segundo Juanjo Lorenzo, “teñen o mesmo nivel que nos” por iso estamos diante dun dos equipos a bater xunto ao San Sadurniño e ás líderes de As Pontes. Son os que faltan antes de pechar a primeira volta.

Deportes

Publica o teu comentario agora