Un pequeno tremor de terra deixase sentir en Quiroga

Un pequeno tremor de terra deixase sentir en Quiroga

01 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

O concello lucense de Quiroga rexistrou este sábado un terremoto de 3,7 na escala Richter que, aínda que se deixou sentir, non provocou danos. Segundo o relato de Protección Civil, ao redor das 9.15 horas "ouviuse un ruído" acompañado de "un pequeno tremor" que "parou de súpeto". "Apenas durou nove segundos", sinalaron membros deste corpo.

Tal e como apunta o Instituto Xeográfico Nacional, o epicentro deste terremoto situouse ao nordés da localidade. En calquera caso, Protección Civil confirma que "a xente está tranquila" xa que non recibiron "nin un aviso".

"É a anécdota do día", chancean, porque "todo está normal" no pobo. Ademais, indican que os efectos deste movemento sísmico percibíronse tamén na veciña localidade de Monforte de Lemos e na ourensá de Castrocaldelas.

Sociedade