Un plan de vida

Néstor Rego é o candidato número un do BNG pola provincia da Coruña
08 de Abril, 2019 - 10:17 h. | Publicada por Radio Fene

O candidato nacionalista da Coruña ao Congreso dos Deputados estivo en Fene na presentación da candidatura do BNG ás Eleccións Municipais. Hai tempo que ninguén reclamaba, como el fixo, para o estaleiro fenés a construcción naval civil.

ESCOITA O PODCAST:

"Dos catro deputados galegos no Congreso, non houbo un que fixera nada para conquerir a transferencia da AP9" mentres que o goberno central ven de transferir a AP68 ao goberno vasco. Esa é a diferencia da actuación duns e doutros, en palabras de Néstor Rego Candamil, primeiro candidato do BNG pola provincia da Coruña ao Congreso dos Deputados. Por iso cando lle preguntan qué fará se sae elexido, Rego contesta que é obvia a resposta: que Galicia fale no Parlamento.

Na visita aos estudios de Radio Fene, o candidato do BNG referiuse ao último escándalo da Valedora do Pobo, cuxa actuación calificou de "vergoña" pero insistiu en que máis vergoña lle da que o presidente da Xunta a apoie e non vexa mal ningún no que fixo. "As mulleres dixeron basta xa" á desigualdade e á violencia contra elas, afirmou Néstor Rego, cando lle preguntamos polo rexurdimento do feminismo no último ano. A situación chegou a tal ponto, afirma, que non é raro que sexa o movemento máis numeroso dos últimos tempos. "O BNG vai ata o final coas mulleres" sentencia o candidato nacionalista quen fala tamén da xuventude, da súa falta de espectativas laborais.

Cando lle preguntamos pola crise demográfica, Rego responde que a única solución ven dada precisamente por crear traballo para a mocidade. "Se os mozos e mozas non teñen plan de vida, tampouco van ter fillos".

Nestor Rogo Candamil participou o sabado, xunto a Juventino Trigo, na presentación da candidatura do BNG de Fene ás Eleccións Municipais, nas instalacións do Pote de Maniños.

Sociedade

Publica o teu comentario agora