Un pleno histórico

Un pleno histórico
26 de Marzo, 2020 - 09:49 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Narón retou á pandemia celebrando o pleno ordinario deste mes a través da plataforma Skype. Só tres persoas estiveron fisicamente presentes esta mañá no salón municipal. A totalidade dos concelleiros e concelleiras participou na sesión desde os seus domicilios.

ESCOITA O PODCAST:
Edís do BNG esta mañá no pleno do Concello de Narón

O concello de Narón celebra esta mañá o primeiro pleno non presencial. É algo insólito na comarca que os edís se reúnan desde a súa casa a través de Skype. No salón de plenos sentáronse ás 10 da mañá só a alcaldesa, Marián Ferreiro, e os titulares da Secretaría e Intervención Municipal. O resto de edís da corporación local se conectaron á aplicación para poder realizar as súas intervencións, tal e como explicou Ferreiro. O tenente de alcalde, Guillermo Sánchez Fojo, xustifica esta cita histórica porque a vida municipal segue, había que aprobar certas cousas importantes e as novas tecnoloxías permíteno. “Quen me ía decir a mín que ía estar nun pleno sen estar” bromea o veterán concelleiro de Narón que se anima a facelo máis veces. Non se tratou dunha sesión de trámite senón que tiña trece puntos, entre eles aprobar o regulamento de participación cidadá, unha modificación na subvención da Deputación provincial para a restauración do muíño de Xuvia ou ver o estado do presuposto e o remanente do que disponen.

A declaración do estado de alarma provocou que o personal municipal de Narón faga traballo presencial ao 50% e que se reforzase o departamento dos Servizos Sociais. A policía local ten que reforzar tamén a vixiancia para que se cumplan as normas establecidas. Afirma Sánchez Fojo que en trece días de confinamento a policía local véuse na obriga de denunciar a 40 persoas dos case 40.000 habitantes. Explica Sánchez estas sancións porque a xente non respondeu adecuadamente aos consellos das forzas da orde. Agradece á inmensa maioría dos vecinos e veciñas de Narón o seu comportamiento exemplar.

O golpe económico á industria ubicada en Narón foi enorme a causa da pandemia. O Polígono de Río do Pozo “xa estaba tocado do ala pola dependencia do sector naval", afirma o tenente de alcalde, e por iso foi onde máis se notou. Pero tamén está Megasa que reduciu moito o transporte ou Inditex. Pero, “a economía sempre se levanta. O que desexo neste momento é o menor custe de vidas”. E engade o edil naronés, “esperemos que isto sirva para que os políticos miremos atrás para entender porqué pasa isto e non se volva recortar na sanidade pública”.

Institucional

Publica o teu comentario agora