Un poemario para desfrutar de a poucos

Un poemario para desfrutar de a poucos
13 de Agosto, 2020 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Andrés CM Riveira publicou este 2020 “Memoria das cousas perdidas”, o seu primeiro poemario en galego. Vén da man da Editorial Urutau e compila un total de 46 poemas variados en temática e forma.

ESCOITA O PODCAST:
Andrés C.M. Riveira co seu poemario Memoria das Cousas Perdidas

Inclúe textos que levan escritos dende o 2003, pero que foron sufrindo cambios ao longo destes anos. Neste novo libro atopamos poemas que van dende o ámbito máis persoal e romántico ata o social.

Á hora de falar dos seus referentes literarios, Andrés sinala que é imposible para el escoller tan só uns cantos nomes pero confesa que ten máis afinidade cos narradores que cos poetas.

O autor anima aos lectores a consultar tamén o seu blog bolimorado.blogspot.com para achegarse aos seus textos. “Memoria das cousas perdidas” é unha obra, en palabras de Riveira, feita para desfrutala de a poucos.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora