Un polbo na Jarabeta

Un polbo na Jarabeta

10 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Mugardos: 10 Potencias. Unha nova edición deste curioso formato volve este sabado 11 de abril. Acólleo a SCRD de San Xoan de Piñeiro na súa sede da Teupoeira, o sabado 11 de abril ás oito da tarde. O actor e director teatral, Yuyi Bastida, será o encargado de dar entrada aos dez protagonistas e ás súas dez propostas- potencias. Hai de todo: futbol, lactancia, contos, música, gastronomía. E, tratándose de potencias e de Mugardos

Para o chef mugardés, organizador da ruta dos pinchos da vila, David Payo, o polbo é unha inspiración, por iso el elévao a outro nivel, contando na súa carta con ata sete receitas diferentes do cefalópodo.

Por iso a súa potencia, que vai presentar na cita de mañá, denomínase “El pulpo: un mar de ideas”. Explicounos esta semana como as prepara, consciente de que o polbo á prancha é a máis demandada no seu local A Jarabeta. David Payo ten preparada a súa intervención que ilustrará con fotos e algunha sorpresa. Terá 6 minutos e corenta segundos para explicarse. A cita será o sabado 11 ás 20h no local veciñal de San Xoan de Piñeiro-Mugardos.

Sociedade