Un pouco de queixo, pola mañán

Un pouco de queixo, pola mañán

01 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Un pouco de queixo pola mañán, a mediodia queixo con pan, e pola noite queixo, se mo dan. O refrán diciao Don Antonio Fraguas, resumindo á perfección os efectos positivos de reducidas cantidades de queixo en diferentes horas do dia. O de San Simón da Costa celebra este sábado e domingo a súa Feira anual en Vilalba.

A Feira do Queixo de San Simón cumpre neste 2010 16 anos. O xornalista Toni López dará lectura ao pregón ás seis da tarde do sábado na Praza da Constitución de Vilalba. As dez da noite actuarán os grupos Muxarega e A Roda. O domingo, as queixerías incluidas na Denominación de Orixe poñerán á venda uns 3.500 queixos, ao prezo de 7 euros (os pequenos) e 12 (os grandes). Espéranse arredor de 80 postos de queixo e doutros produtos gastronómicos e artesáns relacionados.

O queixo de San Simón dá Costa empeza a ter aos poucos unha maior presenza no mercado exterior. Aínda que o mercado español aínda supón aproximadamente o 80% do destino das vendas e o galego representa o 60% dentro do total, a evolución recente reflicte un aumento das exportacións, que xa significan a quinta parte da distribución.

Sociedade