Un profesor da UDC consigue a distinción do European Research Council

Un profesor da UDC consigue a distinción do European Research Council

12 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O profesor da ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos Héctor Gómez Díaz acaba de conseguir a distinción de Starting Grant do European Research Council (ERC) para desenvolver o seu proxecto de investigación de aplicación de modelización e simulación dun crecemento tumoral. O investigador, que presentou un proxecto estimado en 1,4 millóns de euros, estuda o crecemento dos tumores con ecuacións matemátic

A subvención da Starting Grant permitiralle a Gómez Díaz formar un equipo investigador para desenvolver este proxecto que conta coa colaboración de entidades médicas de Estados Unidos e co apoio do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, CHUAC.

Héctor Gómez é o primeiro investigador da Universidade da Coruña, e dos primeiros en Galicia, que acada este apoio da ERC. Esta axencia de promoción da investigación en Europa subvenciona os mellores proxectos europeos de investigación logo dunha selectiva avaliación que inclúe unha presentación dos proxectos preseleccionados ante un tribunal internacional formado por vinte persoas. O profesor presentou a súa solicitude co apoio da Vicerreitora de Investigación e Transferencia que dirixe o catedrático Ricardo Cao, ademais de asesoralo en todo o proceso selectivo.

Sociedade