Un rallye de Narón moi fenés

Un rallye de Narón moi fenés

10 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A Escudería Scratch Fene contará con 7 equipos participantes no vindeiro Rallye Cidade de Narón. Así participarán Edgar Vigo e Fátima Ameneiro a bordo do seu Honda Civic VTi.Fieis a súa cita coa proba da casa e có campionato galego de ralis, o equipo EVILSCRATCH afronta o Rali de Narón coa intención clara de obter un resultado de podio e conseguir recuperar posicións na clasificación da Copa Kumho tralo accidente de Lal&iacu

Tamén participará na proba naronesa Rubén García “Nayen” e Jacobo Martínez a bordo dun Peugeot 206 XS. O habitual piloto de Culleredo que compite no Trofeo Racc en todo o campionato galego, chega a Narón situado na 5ª posición do trofeo e con moitas opcións a un gran resultado. Nesta proba varía o navegante, sendo neste caso o recoñecido Jacobo quen realizará as labores de copilotaxe xa que José Viéitez ten un compromiso ineludible que lle impide a súa participación. Nos primeiros tramos terán que compenetrarse para comezar a facer un bo papel.

Tamén tomarán parte na carreira naronesa Juanjo Meizoso e Paula Penabad co seu Citroën Saxo VTS. No Rali da casa, o piloto de Neda, especialista en slalom, buscará obter un bo lugar na súa clase e dar un bo espectáculo aos afeccionados. Piloto moi técnico, conta desta volta cunha nova copilota que ademáis fará competir este ano ao Seat Ibiza Coche Escola da escudería no Campionato Galego de Slalom.

Ademáis a escudería fenesa tamén presentará ao Rallye de Narón a Ignacio Sanesteban e a Daniel Ramírez que conducirán o seu coche Citroën Saxo VTS. Esta será a primeira proba para Nacho neste novo vehículo, agardando ter un bo comportamento da máquina, Nacho conta cunha experiencia previa no Rali de Narón que lle permitirá loitar por lugares privilexiados na clasificación.

Emilio Neira e Borja Goti co seu Citroën Saxo VTR tamén sairán do parque pechado naronés. Debutantes nesta proba de Narón, este equipo de Neda loitará có resto de participantes do Trofeo Curuxarallye para debutantes por estar entre os primeiros postos. Nun proceso de aprendizaxe nesta primeira proba, seguro que ofrecen un gran espectáculo a tódolos afeccionados.

Javier Ramudo e Jorge López tamén cun Saxo VTS teñen a condición de debutantes e buscarán dende As Pontes lograr un posto destacado no seu trofeo.

Por último Manel Painceiras e Félix Marta co seu Peugeot 205 GTI tamén sairán en Narón. Terriblemente perxudicados pola situación na lista de inscritos este equipo fenés demostrará ao igual que o ano pasado, o gran nivel de conducción que teñen, loitando pola victoria na clase 13. Agardando non ter que sufrir algún tipo de neutralización que os afundiría na clasificación, demostrarán que de cara as novas edicións da carreira o seu posto de saída deberá de ser máis adiante.

Deportes