Un revés

As Pontes 2- Perlío 0
30 de Outubro, 2019 - 10:57 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío feminino segue na copa, con altibaixos pero adaptándose a esta competición e aos novos rivais da mesma. As Pontes atragantouselles.

ESCOITA O PODCAST:

As Pontes 2- Perlío 0. Un revés para o equipo feminino de futbol 7 do Perlío que viña de gañar no anterior choque ao Discalzas por un resultado de 4-2. O encontro xogado nas Pontes discurriu igualado ata o minuto 58, cando encaixan o primeiro gol, seguido do segundo pouco despois, no minuto 60. O Perlío tamén tivo as súas oportunidades pero non puido ou non soupo materializalas, segundo declarou a delegada do Perlío, Conchi López.

A próxima xornada trae ao campo dos Pinares ás primeiras clasificadas, o Galicia de Caranza, que ten 12 puntos, como o Maniños, e que non recibiu ningún gol en contra, pero iso pode cambiar o domingo. O partido xógase nos Pinares ás 11,30 horas.

Deportes

Publica o teu comentario agora