Un roteiro con Novoneyra pola serra do Courel

Un roteiro con Novoneyra pola serra do Courel

29 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

ADEGA Lugo vén de presentar o seu programa de roteiros para o curso 2010-2011 que, desta volta, estará dedicado á lingua galega como principal eixo de conexión patrimonial e cultural entre os galegos e galegas, xunto coa paisaxe e o territorio de Galicia. O obxectivo é recoñecer e potenciar a lingua propia como vehículo de vida e de entendemento ou interpretación do medio que nos rodea, para non deixar esmorecer o que constitúe o principal eleme

Para iso, ADEGA Lugo convida á sociedade galega a achegarse a lugares emblemáticos da nosa  xeografía nos que naceron e se desenvolveron os grandes fitos da nosa literatura que retrataron coma ninguén o sentir da paisaxe e da nosa terra, como Uxío Novoneyra, Fiz Vergara Vilariño, Carvalho Calero, Manuel María, Cunqueiro, Aquilino Iglesias, Noriega Varela, Eduardo Pondal, Castelao, etc.
Por outra banda, os roteiros de ADEGA deste curso teñen previsto visitar ás zonas do Leste e do Sur de Galicia lindantes con outras terras nas que aínda se conserva e utiliza o idioma galego de xeito cotián dada a vinculación histórica e cultural co noso pobo. Ademais de cruzar as “raias” administrativas, tamén se fará un percorrido polo concello de Burela, exemplo de convivencia e respecto entre diferentes pobos e de integración doutras realidades na cultura propia.
Para a realización destas camiñadas, ADEGA contará coa colaboración de diversas entidades culturais e sociais e de persoas vinculadas estreitamente coa cultura galega ou a accións de potenciación do idioma galego.
O primeiro roteiro terá lugar o 7 de novembro e percorrerá a Serra do Courel, terra na que naceu Uxío Novoneyra,  autor a quen se dedicou este ano o Día das Letras Galegas.
O programa de roteiros de ADEGA Lugo poderase consultar proximamente na web: www.adega.info.

Sociedade